FOTOGRAFÍA SOCIAL

Hai momentos na vida que acontecen unha soa vez e merecen ser conservados coa mesma emoción coa que foron vividos. A miña mirada busca captar a naturalidade de cada instante, a emoción dos xestos espontáneos e a beleza dos vínculos entre as persoas. Cada imaxe convértese nun recordo vivo, pensado para revivir co paso do tempo a esencia deses momentos irrepetibles.
Ademais, unha sesión de fotografía social tamén pode converterse nun agasallo orixinal e cheo de significado para sorprender a alguén especial, unha experiencia compartida que se transforma en recordos para sempre.
BAUTIZO  |   COMUÑÓN  |   VODA  |   PRE e POSTVODA  |   EMBARAZO  |   RETRATOS  |   FAMILIA